martes, 19 de julio de 2011

Alteracións leucocitarias:PATOLOXÍA

As alteracións leucocitarias clasifícanse en 2 grandes grupos:proliferativas e leucopenias (deficiencias).
Proliferativas de leucocitos ou ganglios,pode ser reactiva ou neoplásica.As proliferacións reactivas son en resposta a enfermidades subiacentes,usualmente microbianas.

-Leucopenia:
  • Pode producirse por diminución de calquera dos tipos específicos de leucocitos do sangue  circulante,pero case sempre se afectan os neutrófilos (neutropenia,granulocitopenia)
  • Neutropenia (agranulocitose)
A diminución de granulocitos no sangue periférico (neutropenia)observase en moitas circunstancias.Se é moi imtensa chámase agranulocitose.
Prodúcese unha diminución dos granulocitos circulantes cando:1)a granulopoiese non garda o ritmo de recambio normal de neutrófilos ou 2)hai eliminación acelerada de neutrófilos no sangue circulante (o neutrófilo só vive de 6 a 7 horas)
.. Granulopoiese inadecuada ou ineficaz,prodúcese por:
1) Desaparición de células madre pluripotenciais mieloides.
2)Desaparición de células precursoras granulocíticas.
3)Anemias megaloblásticas por déficit de B12 ou folato onde a síntese defectuosa do ADN produce células precursoras de granulocitos anormais que as fan susceptibles de morte intramedular.
..Desaparición ou destrución aumentada de neutrófilos ,dase por:1)agresións inmunolóxicas contra neutrófilos .2)Secuestro esplénico.

As neutropenias máis importantes (agranulocitose)son provocadas por medicamentos.



-Proliferacións reactivas (inflamatorias) leucocitarias:
  • LEUCOCITOSE:
Reacción común a gran variedade de  procesos inflamatorios .A serie de leucocitos afectados depende da causa produtora:
-A leucocitose polimorfonuclear (granulocitose)acompaña á inflamación aguda .As infeccións pióxenas son a causa frecuente de leucocitose neutrofílica,pero tamén pode ser por agresións non microbianas (necrose tisular por queimaduras ou infarto)
-Leucocitose eosinófila:típoca de enfermidades alérxicas.
O nº de monocitos aumenta con diversos tipos de enfermidades crónicas coma a tuberculose,endocardite,brucelose,etc.
  • LINFADENITE AGUDA NON ESPECÍFICA:
Os ganglios con inflamación aguda soe producirse por drenaxe microbiolóxico directo .
  • LINFADENITE CRÓNICA:
As reaccións crónicas adoptan 3 patróns segundo a causa:
1)Hiperplasia folicular:infección crónica por xermes que son antíxenos para as células B.
2)Hiperplasia linfoide paracortical:cambios reactivos das zonas das células T dos ganglios.
3)Histoicitose sinusal:debido á drenaxe de cánceres.


-Proliferacións neoplásicas de leucocitos:
1-Linfomas malignos:adoptan a forma de lesións tumorais densas compostas principalmente por linfocitos e raramente histiocitos que xurden de calquer tecido do organismo,especialmente ganglios linfáticos.
2-Leucemias:trastornos linfoproliferativos sistémicos que se orixinan na médula ósea e secundariamente invaden sangue periférica e órganos con células leucémicas.
3-Discrasias de células plasmáticas e trastornos relacionados:orixínanse no óso e adoptan formas de proliferacións localizadas ou diseminadas de células produtoras de anticorpos.Caracterízanse pola aparición no sangue periférico de cifras anormais de inmunoglobulinas ou das súas cadeas lixeiras ou pesadas.Éstes trastornos chámanse ás veces gammapatías ou disproteinemias.
4-Histocitose:proliferación de macrófagos tisulares ou histocitos.

                                    1-Linfomas malignos:
Os linfomas son neoplasias malignas que se caracterizan pola proliferación de células orixinadas no tecido linfoide,coma lifocitos,histiocitos,os seus precursores e derivados.Teñen orixe monoclonal.
Dous grandes apartados:Enfermidade de Hodgkin e os linfomas no-Hodgkin.Ambos se orixinan no tecido lifoide.
  • Linfomas no-Hodgkin:LNH
Os linfomas producen crecemento dos ganglios + grandes que os inflamatorios,de consistencia firme.Teñen a capacidade de extenderse a outors ganglios.Poden diseminarse tamen a fígado,médula ósea e bazo,nalguns casos chega a diseminarse polo sangue.
Existen moitas clasificacións,2 delas son a de Rappaport  e a de Lukes-Collins.
..Clasificación de Rappaport:basase nas características citolóxicas das células linfomatosas con tincións rutinarias,e na separación de linfomas en 2 grupos:unha forma nodulosa na que as células linfomatosas se agrupan dentro do ganglio formando nódulos,e unha na que as células se infiltran no ganglio de forma difusa.
Os nodulares teñen mellor pronóstico que os difusos,afectan a adultos de ambos sexos.
Nos difusos a cápsula do ganglio e o tecido extracapsular están intensamente infiltrados.
A clasificación de Rappaport básase exclusivamente en criterios morfolóxicos:
-Linfoma linfocítico ben diferenciado LLBD: O tipo celular consiste en pequenos lifocitos agrupados.
-Linfoma linfocítico pobremente diferenciado LLPD: o patrón celular típico son linfocitos atípicos que poden agruparse con patrón difuso ou nodular.
-Linfoma histiocítico LH:gran tamaño das células tumorais.
-Linfoma mixto linfocito-histiocito
-Linfoma linfoblástico:relacionado coa leucemia linfoblástica das células T
-Linfoma indiferenciado:as células non amosan ningun signo morfolóxico de maduración cara a linfocitos ou histiocitos.

..Clasificación de Lukes-Collins:clasifican os linfomas non-Hodgkin basandose na súa orixe en linfocitos B ou T ou histiocitos.
-Tumores de linfocitos B:A maior parte dos LNH están compostos por células B
-Tumores de células T:menos frecuentes que os B
-Tumores de histiocitos:son raros,proceden de macrófagos.
-Grupo de células indefinidas.





  • Linfoma de Hodgkin:
Caracterízase pola presenza de células neoplásicas xigantes,xunto cun compoñente inflamatorio.Exténdese por contigüidade ás cadeas ganglionares adxacentes.Practicamente nunca se leucemiza.Os núcleos de célilas xigantes (RS) reaccionan intensamente ás tincións de ARN por ser acidófilos.


-Leucemias:
Neoplasias malignas de precursores de leucocitos,caracterizada por:
  1. Sustitución difusa da médula ósea por células leucémicas proliferantes.
  2. nº e formas anormais de leucocitos inmaduros no sangue circulante
  3. infiltración difusa de fígado,bazo,ganglios linfáticos.
Poden dividirse en agudas e crónicas,as agudas teñen evolución rápida (2 a 4 meses),as formas crónicas permiten unha supervivencia + elevada,e acompáñanse de leucocitos + maduros.Subclasifícanse segun o tipo particular de glóbulo blanco 1)linfocítico,2)mielocítica ou mielóxena.

(leucemias agudas)


                                                                           (Leucemias crónicas)



Todas as leucemias teñen orixe en proliferacións monoclonais de células madre hematopoiéticas.

Morfoloxía:A identificación de cada tipo de célula efectúase principalmente con tincións de Ramanowsky(Wright,Giemsa).
As características macroscópicas son infiltración da médula ósea ,bazo,ganglios linfáticos,fígado e riles.

-Tipos infrecuentes de leucemias e linfomas:
  • Leucemia de células peludas:a célula típica é pouco corrente,teñen proxecións plasmáticas en forma de pelos.A leucemia deriva da transformación neoplásica dunha célula pouco caracterizada pero con rasgos de células B.
  • Linfoma (leucemia de células T no adulto)
  • Reticulose histiocítica medular (histiocitose maligna)
-Metaplasia mieloide agnoxénica (metaplasia mieloide con mielofibrose)
Xunto coa policetemia vera,a leucemia granulocítica crónica e a trombocitopenia idiopática,pertenecen ao grupo de síndromes mieloproliferativos.Teñen orixe na proliferación neoplásica dun clon de células madre mieloides pluripotenciais.

-Discrasias de células plasmáticas e trastornos relacionados:
Rasgos comúns dos trastornos:
1)Proliferación sin control de células plasmáticas ou similares.
2)Valores anormalmente altos no sangue e/ou ouriña de inmuniglobulina homoxénea monoclonal ou unha das súas cadeas polipeptídicas constituíntes.Esencialmente son neoplasias de células B,que se diferencia dos linfomas de células B en que nas discrasias de células plasmáticas as células B neoplásicas están o suficientemente diferenciadas como para secretar inmunoglobulinas ou os compoñentes.
A inmunoglobulina identificada no sangue chámase compoñente M completo,facendo referencia ao mieloma.


  • Mieloma múltiple (mieloma de células plasmáticas)
Neoplasia multifocal de células plasmáticas óseas.Preséntase en forma de lesións óseas destrutivas multifocais en todo o esqueleto.As manifestacións clínicas prodúcense por:1)infiltración de ósos por células plasmáticas neoplásicas.2)produción excesiva de inmunoglobulinas sin actividade como anticorpos.
  • Mieloma solitario (plasmocitoma):na mesma localización que as múltiples.Ganmopatía monoclonal.

  • Macroglobulemia de Waldemstrom:ganmopatía monoclonal.Infiltración difusa de tipo leucémico de médula ósea por lifocitos,células plasmáticas e formas híbridas que causan macroglobulemia.

  • Enfemidade das cadeas pesadas:ganmopatía monoclonal moi rara.

  • Ganmopatía monoclonal de significado indeterminado (GMSI):é unha desproteinemia sin enfermedade asociada.

-Histocitose:
  • Histocitose xeralizada:Proliferación sistémica progresiva de histiocitos maduros e inmaduros.Afecta a lactantes e menores de 3 anos.
  • Granuloma eosinófilo: unifocal e multifocal,son acúmulos de histiocitos que crecen dentro da cavidade medular dos ósos,erosionándoos.



-Linfadenopatía angioinmunoblástica:
Trastorno sistémico que se manifesta principalmente por linfadenopatía xeralizada.Soe haber antecedentes de inxestión de medicamentos.






 

lunes, 4 de julio de 2011

Bazo:Patoloxía

     O bazo é a estrutura principal do R. E. e interven en tódalas inflamacións sistémicas ,trastornos hematopoxéticos xeneralizados e moitos trastornos metabólicos.Case sempre hai esplenomegalia..
  • Esplenomegalia:
Indica a  existencia dun trastorno subiacente,pero por sí mesmo tamen pode causar problemas debido a secuestro de elementos sanguineos orixinando hiperesplenismo.



  • Anomalías conxénitas:
  • A falta de bazo é moi rara,é + frecuente a hopoplasia.
  • Lobulacións anormais.
  • Bazos accesorios:son formacións pequenas,redondeadas,semellantes ao bazo normal.


  • Esplenite aguda inespecífica:
O bazo agrándase en todas as infeccións hematóxenas.A reacción esplénica inespecífica pode en estas infeccións estar causada non só polos microbios,senon tamen polos produtos da enfermidade inflamatoria.Na esplenite aguda inespecífica é imposible identificar o axente causal polos cambios esplénicos.

  • Hiperplasia reactiva do bazo:
Refirese aos cambios esplénicos observados en estados inflamatorios crónicos,de antixenemia,procesos inmunilóxico-inflamatorios,viremias sistémicas,e rechazo de inxerto crónico.

  • Esplenomegalia conxestiva:
Debida á conxestión venosa persistente ou crónica,que causa hipertensión portal ou da vea esplénica .As causas + frecuentes de esplenomegalia conxestiva son cirroses hepáticas.

  • Infartos esplénicos:
Nas fases agudas poden causar aumento de tamaño,pero a esplenomegalia soe ser lixeira,e cando os infartos fibrosan o bazo recupera o tamaño normal.Os infartos son frecuentes,están causados por oclusión da arteria esplénica principal ou calquera das suas ramas,case sempre producidos polos émbolos procedentes do corazón.

  • Neoplasias:
1-Lesións primarias:son raras,sexan malignos ou benignos.
BENIGNOS:fibromas,osteomas,condromas,linfangiomas,hemangiomas.Os 2 últimos son os + frecuentes.
MALIGNOS:calquera dos tipos de linfomas ou de enfermidade de Hodgkin primaria por ganglios linfáticos.
2-Lesións secundarias:As metástases só aparecen no bazo cando a lesión primaria está amplamente diseminada.

  • Rotura de bazo:
 Por aplastamento ou golpe violento.A rotura espontánea é rara e dase en mononucleose infecciosa ,paludismo,febre tifoidea,leucemia e esplenite aguda de outros tipos.