lunes, 4 de julio de 2011

Bazo:Patoloxía

     O bazo é a estrutura principal do R. E. e interven en tódalas inflamacións sistémicas ,trastornos hematopoxéticos xeneralizados e moitos trastornos metabólicos.Case sempre hai esplenomegalia..
  • Esplenomegalia:
Indica a  existencia dun trastorno subiacente,pero por sí mesmo tamen pode causar problemas debido a secuestro de elementos sanguineos orixinando hiperesplenismo.



  • Anomalías conxénitas:
  • A falta de bazo é moi rara,é + frecuente a hopoplasia.
  • Lobulacións anormais.
  • Bazos accesorios:son formacións pequenas,redondeadas,semellantes ao bazo normal.


  • Esplenite aguda inespecífica:
O bazo agrándase en todas as infeccións hematóxenas.A reacción esplénica inespecífica pode en estas infeccións estar causada non só polos microbios,senon tamen polos produtos da enfermidade inflamatoria.Na esplenite aguda inespecífica é imposible identificar o axente causal polos cambios esplénicos.

  • Hiperplasia reactiva do bazo:
Refirese aos cambios esplénicos observados en estados inflamatorios crónicos,de antixenemia,procesos inmunilóxico-inflamatorios,viremias sistémicas,e rechazo de inxerto crónico.

  • Esplenomegalia conxestiva:
Debida á conxestión venosa persistente ou crónica,que causa hipertensión portal ou da vea esplénica .As causas + frecuentes de esplenomegalia conxestiva son cirroses hepáticas.

  • Infartos esplénicos:
Nas fases agudas poden causar aumento de tamaño,pero a esplenomegalia soe ser lixeira,e cando os infartos fibrosan o bazo recupera o tamaño normal.Os infartos son frecuentes,están causados por oclusión da arteria esplénica principal ou calquera das suas ramas,case sempre producidos polos émbolos procedentes do corazón.

  • Neoplasias:
1-Lesións primarias:son raras,sexan malignos ou benignos.
BENIGNOS:fibromas,osteomas,condromas,linfangiomas,hemangiomas.Os 2 últimos son os + frecuentes.
MALIGNOS:calquera dos tipos de linfomas ou de enfermidade de Hodgkin primaria por ganglios linfáticos.
2-Lesións secundarias:As metástases só aparecen no bazo cando a lesión primaria está amplamente diseminada.

  • Rotura de bazo:
 Por aplastamento ou golpe violento.A rotura espontánea é rara e dase en mononucleose infecciosa ,paludismo,febre tifoidea,leucemia e esplenite aguda de outros tipos.  
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario