ACÚMUO DE LÍQUIDO NO SACO PERICÁRICO:
-Derrame pericárdico:acúmulo de íquido non inflamatorio no saco pericárdico.O derrame podes ser segundo tipo e causa:- Seroso:insuficiencia cardíaca conxestiva.Hipoproteinemia.
- Serohemático:secundario a traumatismos torácicos contusos.
- Quiloso:obstrución linfática.
- Colesterol:mixedemia,idiopático.
-Hemopericardio:acúmulo de sangue pura no saco pericárdico,debido case sempre a perforación traumática do corazón,rotura da parede cardíaca secundaria a IM ou rotura de aorta intrapericárdica.
PERICARDITE:
As inflamacións do pericardio soen ser secundarias a trastornos do corazón ou proximidades.A pericardite primaria é rara,e soe ser de orixe vírica.As pericarditis agudas ou crónicas son inespecíficas morfoloxicamente.
- Pericardite aguda:
- Pericardite serosa:os exudados inflamatorios serosos son producidos por inflamacións non bacterianas,coma a febre reumática,herpes eritematoso sistémico,esclerioderma sistémica,tumores e uremia.
- Pericardite fibrinosa e serofibrinosa:líquido +- seroso con exudado fibrinoso.É o tipo +frecuente de pericardite.Raramente deixa secuelas.
- Pericardite purulenta ou supurada:denotainvasión bacteriana,micótica ou parasitaria do espazo pericárdico.
- Pericardite hemorráxica:exudado de sangue mezclado con derrame fibrinoso ou purulento.
- Pericardite caseosa:
- Pericardite crónica ou curada:hai 2 formas:
- mediastino pericardite adhesiva:o saco pericárdico está obliterado,e a adhesión da supericie externa da folla parietal a estruturas adxacentes produce sobrecarga da función cardíaca.
- pericardite constrictiva:o espazo pericárdico non só está obliterado,senon que ademais está transformado nunha densa capa de cicatriz ou cacificación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario