domingo, 30 de septiembre de 2012

PATOLOXÍA PULMÓN

PATOLOXÍA PULMÓN:
1-ANOMALÍAS CONXÉNITAS
2-ALTERACIÓNS DA EXPANSIÓN PULMONAR.
3-ENFERMIDADES DE ORIXE VASCULAR
4-SÍNDROME DE DISTRES RESPIRATORIO DO ADULTO (SDRA)
5-ENFERMIDADE PULMONAR OBSTRUCTIVA VS RESTRICTIVA
6-ENFERMIDADE PULMONAR OBSTRUCTIVACRÓNICA (EPOC)
7-INFECCIÓNS PULMONARES
8-ENFERMIDADES INTERSTICIAIS DIFUSAS
9-OUTRAS FORMAS DE ENFERMIDADE PULMONAR
10-TUMORES DO PULMÓN

1-ANOMALÍAS CONXÉNITAS:
1)  Axenesia ou hipoplasia de ambos pulmóns,un so pulmón ou un so lóbulo.
2)Anomalias traqueaia e traqueobronquiais.
3)Secuestro pulmonar intralober ou extrapulmonar
4)Hiperinsuflación lobar conxénita
5)Anomalías conxénitas.
6)Quistes conxénitos

2-ALTERACIÓNS DA EXPANSIÓN PULMONAR.
  • Atelactasia:denota expansión incompleta dos pulmóns ou colapso do parénquima pulmonar xa distendido.Caracterízase por zonas de parénquima pulmonar que carecen de aire.
As atelectasias poden ser obstructivas,compresivas,por contración ou parcheadas.

3-ENFERMIDADES DE ORIXE VASCULAR
  • Conxestión e edema pulmonares:
O edema pulmonar prodúcese por trastornos hemodinámicos ou debido a aumento da permeabilidade capilar e alveolar.
O mecanismo hemodinámico + común de edema pulmonar é debido a un aumento da presión hidrostática,coma na insuficiencia cardíaca.
O 2º mecanismo causante de edema é a lesión da membrana alveolocapilar.
  • Embolia hemorráxica e infarto pulmonares:
A oclusión das arterias pulmonares por un coágulo de sangue case sempre é de orixe embólico.

  • Hipertensión pulmonar e esclerose vascular
A hipertensión pulmonar está producida por un aumento nas resistencias vasculares pulmonares e soe ser secundaria a:
1)Enfermidades pulmonares obstrutivas crónicas ou  interticiais.
2)Embolismo pulmonar recurrente
3)Enfermidade cardíaca previa

4-SÍNDROME DE DISTRES RESPIRATORIO DO ADULTO (SDRA)
O SDRA e os seus diversos sinónimos son términos descriptivos para un síndrome que se caracteriza clinicamente polo rápido comezo da insuficiencia respiratoria grave,rebelde á terapéutica con osíxeno.
É o resultado dunha lesión alveolar aguda producida por gran variedade de estímulos e iniciada por diferentes mecanismos.A lesión básica en tódolos procesos é unha lesión difusa da parede alveolar.

5-ENFERMIDADE PULMONAR OBSTRUTIVA VS RESTRITIVA
  1)Enfermidades obstrutivas caracterízanse por aumento da resistencia ao fluxo de aire por obstrución parcial ou completa a calquer nivel:desde a traquea e grandes bronquios ata bronquiolos terminais.
2)Enfermidades restritivas,caracterizadas pola destrución da expansión do parénquima pulmonar con redución da capacidade pulmonar total.
As obstrutivas + importantes (excluíndo tumores ou corpos extraños) son bronquite crónica,enfisema,bronquiectasias e asma.
As restritivas preséntanse por dous procesos:1-trastornos da parede torácica con pulmóns normais;2-enfermidades intersticiais e infiltrativas que afectan primariamente aos alveolos.

6-ENFERMIDADE PULMONAR OBSTRUTIVA CRÓNICA (EPOC)
Son :Enfisema,bronquite crónica,asma bronquial e bronquiectasias,que se acompañan de obstrución crónica ou recurrente o fluxo aéreo pulmonar.

-ENFISEMA:
Trastorno pulmonar caracterizado por agrandamento permanente e anormal dos espazos aéreos situados máis alá do bronquiolo terminal,acompañado da destrución das suas paredes.
4 tipos de enfisema:
1- Centroacinar:aféctanse as partes centrais dos ácinos (bronquiolos)
2-Panacinar:aumenta o volume desde o bronquiolo ata os alveolos cegos terminais.
3-Paraseptal:a parte distal é a máis afectada.
4-Irregular:aféctaseo ácino irregularmente.
O enfisema está moi relacionado co uso do tabaco.As formas máis comúns con centrolobulillar e panlobulillar.


-BRONQUITE CRÓNICA:
Trastorno frecuente en fumadores e en habitantes de cidades de contaminación alta.Cando persisteanos pode causar:
1-Enfermidade obstrutiva crónica EPOC
2-Cor pulmonare e insuficiencia cardíaca.
3-Metaplasia atípica  e displasia do epitelio respiratorio,un bo terreno para transformacións cancerosas.
A xénese da bronquite ten 2 factores clave:
1-Irritación crónicapor sustancias inhaladas.
2-Infeccións microbianas.
O consumo de cigarrillosé a causa máis importante.
A caraterístic a+ precoz é a hipersecreción mucosa.
Clínica: tos persistente con espectoración abundante,durante moitos anos non aparece outro trastorno funcional respiratorio,pero finalmente aparece disnea co exercício.

-ASMA BRONQUIAL:
Caracterizada por aumento da irritabilidade da árbore traqueobronquial,potenciando o estreitamento paroxístico das vías aéreas bronquiales.

Divídese en 2 tipos básicos:
  • Extrínseca:alerxia,atópica,reaníxena
  • Intrínseca:idiopática.
_O grupo maior é o de asma atópica ou alérxica,desencadeada por antíxenos ambientais coma po,polen,caspa animal,alimentos ou calquer outro antíxeno.
_O outro grupo é o de asma non atópico e non reaníxeno,inducida por infección das vías respiratorias,case sempre por virus.  
_Asma sensible á aspirina.
_Asma ocupacional,inducido por fumes (resinas,epoxy,plásticos),polvos orgánicos e químicos (madeira,algodón,platino),gases (touleno) e outros químicos (formaldehido,produtos da penicilina).
_Aspergilosis broncopulmonar alérxica: asma especial producido por esporas do aspergillus fumigatus.
Macroscopicamente atopamos a oclusión de bronquios e bronquiolos por tapóns mucosos espesos.


-BRONQUIECTASIAS:
Infeccións crónicas necrotizantes de bronquios e bronquiolos que se orixinan ou se asocian a unha dilatación anómala de éstas vías aéreas,ou garda relación con ela.
Maniféstanse clinicamente por tos,febre e espectoración abundante,purulenta e cheirenta.
Soen estar acompañadas ou precedidas por:
1.Obstrución bronquial. 
2.Enfermidades conxénitas ou hereditarias:
  a)Bronquiectasias conxénitas.
  b)Fibrosequística.
  c)Secuestro intralobulillar do pulmón.
  d)Inmunodeficiencias.
  e)Síndrome de Kartagener e dos cilios móviles:defecto na motilidade ciliar.
3.Neumonía necrotizante.

7-INFECCIÓNS PULMONARES
As infeccións respiratorias son máis frecuentes  que as de calquer outro órgano.A maioría son causadas por virus.

-Neumonía bacteriana:
É unha consolidación exudativa da víscera provocada pola invasión bacteriana do parénquima pulmonar.
Os mecanismos de defensa do pulmónson:
1-Función de filtro da nasofarinxe
2-Acción monociliar das vias aéreas baixas
3-Fagocitose e eliminación dos macrófagos alveolares.
A neumoníapode producirse sempre que estes mecanismos defensivos esten perturbados ou se está diminuída a resistencia do hóspede en xeral.

_Bronconeumonía (neumonía lobulillar):
A característica principal é a consolidación  focaldo pulmón.A infección parenquimatosa soe producirse por extensión de bronquite ou bronquiolite previas.Os microorganismos patolóxicos + frecuentes son estafilococos,estreptococos e neumococos

_Neumonía lobar:
Infección bacteriana aguda dun lóbulo.Case todas por neumococos.Provoca malestar,escalofríos e febre,tos de espectoración,primeiro acuosa e turbia,logo esputo purulento,hemorráxico.


-Neumonía no hóspede inmunocomprometido:
Os pacientes con sistemas inmunolóxicos e defensivos suprimidos están expostos a infiltración pulmonar e infección.

-Neumonía viral e micoplasma (neumonía atípica primaria):
O témino neumonía atípica primaria (NAP) aplícase a unha enfermidade respiratoria febril aguda caracterizada por cambios inflamatorios no pulmón ,limitados case sempre aos tabiques alveolares e intersticio pulmonar.
As manifestacións principais son febre,cefalea,dolores musculares e de pernas,non soe haber tos,ademais é improdutiva.

-Abceso pulmonar:
É un proceso pulmonar supurado,local e caracterizado por necrose do tecido pulmonar.
Calquer microorganismo pode orixinar abceso,pero os + frecuentes son o estafilococo aureus,alguns estreptococos aerobios  e anaerobios e microorganismos gramnegativos.  
A clínica é parecida á da bronquiectasia :tos,febre,espectoración cheirenta purulenta ou sanguinolenta.


-Tuberculose pulmonar:
  • Tuberculose pulmonar primaria:
O foco da infección inicial é o complexo de Ghon que inclúe:
1-Unha lesión subpleural parenquimatosa ,encima ou debaixo da cisura entre os lóbulos superior e inferior.
2-Ganglios linfáticos caseificados aumentados de tamaño que drenan o foco parenquimatoso .Case sempre asintomática.

  • Tuberculose   pulmonar crónica (secundaria):
Corresponde  a unha reactivación da infección antigua (na primaria o bacilo pode diseminarse sen producir síntomas)
A lesión pulmonar secundaria está situada no vértice de un ou ambos pulmóns ,comeza como un foco de consolidación duns 3 cms de diámetro.

  • Tuberculose pulmonar progresiva tardía:
É unha tuberculose apical fibrocaseosa cavitada.Despois da apertura cara un bronquiolo o foco caseificado drénase e convírtese en caverna.

8-ENFERMIDADES INTERSTICIAIS DIFUSAS (INFILTRATIVAS,RESTRICTIVAS) DO PULMÓN:
Afectación difusa,xeralmente crónica do tecido conectivo pulmonar,especialmente no máis perférico e no intesticio delicado das paredes alveolares.O intersticio está formado pola membrana basal do endotelio e as células epiteliais,fibras coláxenas,tecido elástico,proteoglicanos,fibroblastos,células cebadas,monocitos e linfocitos.
Clínica:disnea,taquipnea,cianose ás veces,sin sibilancias.Diminue a capacidade de difusión do osíxeno.
Pode ser de etiloxía coñecida ou descoñecida.
Patoxenia:a manifestación + precoz é alveolite (acumulación no alveolo de células inflamatorias e inmunocompetentes que causa desestruturación dos alveolos e aumento do espesor fibrocelular das suas paredes.O resultado final é un pulmón fibrótico terminal no que os alveolos son sustituídos por espazos quísticos separados por bandas grosas de tecido conectivo entremezclados con células inflamatorias.

-NEUMOCONIOSE:
Causada por inhalación de po.

-NEUMONITE POR HIPERSENSIBILIDADE;
Alveolite alérxica extrínseca:
O termo inclúe diversos procesos nos cales se produce unha reacción intersticial no pulmón mediada inmunoloxicamente pola exposición intensa e prolongada a polvos orgánicos inhalados e antíxenos ocupacionais relacionados con eles.Os individuos afectados presentan unha sensibilidade anormal,afecta aos alveolos.

-SÍNDROME DE GOODPASTURE:
Caracterízase pola aparición simultánea de glomerulonefrite prolifeante e neumonite intersticial hemorráxica. 

-HEMOSIDEROSE PULMONAR IDIOPÁTICA:
Pouco frecuente que comeza con tos produtiva,hemoptise,pérdida de peso e infiltración pulmonar difusa.

-PROTEINOSE ALVEOLAR PULMONAR:
Dificultade respiratoria,tos e esputo abundante.

-NEUMONITE INTERSTICIAL DESCAMATIVA (NID)
Rara,caracterizada por neumoniaintersticial fibrosa acompañada de conglomerado de células mononucleares dentro dos alveolos.Aparición lenta de tos e disnea ,que ocasiona logo trastorno respiratorio intenso,cianose e dedos hipocráticos.

-FIBROSE INTERSTICIAL IDIOPÁTICA DIFUSA (neumonía intersticial crónica,alveolite fibrosante,síndrome de Hamman-rich)
Trastorno pulmunar caracterizado por fibrose intersticial difusa con inflamación.

-EOSINOFILIA PULMONAR (infiltrado pulmonar con eosinofilia)
Pode ser crónica,simple ou tropical.Os mecanismos que causan a eosinofilia son inmunolóxicos.

-AFECTACIÓN PULMONAR NAS ENFERMIDADES COLAXENO-VASCULARES:
Poden orixinar un cadro de fibrose crónica intersticial.

 9-OUTRAS FORMAS DE ENFERMIDADE PULMONAR:
-NEUMONÍA LIPOIDEA:
A aspiración de sustancias oleosas pode orixinar unha consolidación neumónica focal ou difusa.Soe ocurrir en lactantes e nenos aos que se obriga a tomar aceite mineral.Nos adultos dase nos que usan aceite mineral como laxante ou gotas de esprai nasal oleoso.

10-TUMORES DO PULMÓN:

-CARCINOMA BRONCÓXENO:

Está intimamente relacionado co consumo de tabaco.Hai tamen riscos industriais sobre todo en minas:uranio,asbesto,niquel,cromatos,alquitrán,gas mostaza,arsénico,berilo e ferro. 

O cancro de pulmón comeza (morfolóxicamente) en forma dunha zona atípica citolóxica in situ,que despois dun tempo produce un área pequena de engrosamento da mucosa bronquial,logo progresa e evoluciona de diversas formas.

É unha das neoplasias + insidiosas e agresivas da oncoloxía.Dase máis en varóns,supervivencia corta.

-CARCINOMA BRONCOALVEOLAR:
Orixínase nos bronquiolos e alveolos,supervivencia curta.

-CARCINOIDE BRONQUIAL:
Os pacientes soen ter menos de 40 anos,ambos sexos.

-GRUPO MISCELÁNEO DE TUMORES:hai moitos tumores mesenquimales benignos e malignos,tumores linforreticulares que tamen afectan a pulmón;Hamartoma;Tumores do mediastino (poden invadir o pulmón ou comprimilo)

-TUMORES PULMONARES METASTÁSICOS:
O pulmón pode ser invadido por contigüidade por vía sanguínea ou lifática (sobre todo carcinomas esofáxicos e linfomas mediastínicos)    


 







No hay comentarios:

Publicar un comentario