Coidados en ACCIDENTE CEREBRO VASCULAR:
0 ICTUS ou ACV (accidente cerebro vascular agudo) é unha enfermidade frecuente e incapacitante nos países desenvolvidos. As causas poden ser varias, as principais:
-Arteioesclerose: as arterias envellecen coa idade, hai factores de risco que a poden acelerar: diabetes, hipertensión arterial crónica, colesterol alto ou tabaquismo.
-Embolias ou pequenos coágulos procedentes do corazón.
-Hemorraxias cerebrais debidas á rotura da parede arterial.
Logo do ACV pode ocorrer 1) que a recuperación sexa rápida, de minutos a horas (accidente isquémico transitorio), 2) que a recuperación tarde semanas ou meses ( poden quedar secuelas) 3) que se dea un empeoramento, por causas neurolóxicas ou outras complicacións.
Despois de sufrir un ACV é imprescindible controlar os factores de risco: a tensión arterial, a glucemia, os lípidos e non fumar.
Outros coidados importantes son:
-Recuperar a maior funcionalidade posible, segundo o seu grao de capacidade, permanecer na cama solo para o descanso nocturno e a siesta de despois de comer, o resto do día sentarse e pasear con axuda.
-Manter unha dieta equilibrada e unha boa hidratación. Se o paciente non pode comer sentado elevar a cama uns 45º e mantela asi alo menos 30' despois de comer. Tomar alimentos ricos en fibra para evitar estrenximento.Para a boa hidratación se o paciente se atraganta cos líquidos daráselle xelatina ou espesantes.
-Coidar a pel dando cambios posturais cada 2 ou 3 horas e evitar posturas viciosas, e usar cueiro só pola noite porque o uso continuo favorece úlceras e eccemas.
-Estimulalo a espectorar e a realizar inspiracións e espiracións profundas para evitar acumular secrecións que acabarían provocando infeccións respiratorias.
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario