- Miocardite:caracterizada por alteracións morfolóxicas indicativas de reacción inflamatoria fronte a algún axente mocrobiano.
- Miocardiopatía non inflamatoria:a)CMP de causa descoñecida.b)enfermidades específicas do músculo cardíaco.
- As enfemidades específicas do músculo cardíaco soen comezar con algunha enfermidade sistémica ben definida
- A miocardite a miúdo é unha cardiopatía primaria,soe ser de comezo brusco e con frecuencia produce unha insuficiencia cardíaca aguda.Caracterízase por unha reacción inflamatoria intensa ,con necrose de células illadas ou de pequenos grupos de fibras miocárdicas,con evolución de duración variable.
- Nas cardiopatías idiopáticas,as alteracións miocárdicas apenas teñen reacción inflamatoria,teñen un curso prolongado e moitas non remiten.
CARDIOMIOPATÍAS (CMP).Son enfermidades do músculo cardíaco de causa descoñecida.
- CMP dilatada (conxestiva):caracterízase pola dilatación de 1 ou ambos ventrículos.Leva a unha insuficiencia progresiva.
- CMP hipertrófica:corazón hipercontráctil,fortemente muscular.Hai hipertrofia desproporcionada do tabique hiperventricular,diminución do tamaño do ventrículo esquerdo.Auscúltase soplo sistólico prominente.
- CMP restritiva/infiltrante:restrición do enchido ventricular.
No hay comentarios:
Publicar un comentario