ASPECTOS NORMAIS:
Tubo muscular que conecta a farinxe co estómago.Revestido de epitelio escamoso estratificado.Submucosa ben desevovida,unha muscular de músculo estriado no tercio superior e músculo liso nos 2/3 inferiores.Carece de serosa.
PATOLOXÍA:
--Anomalías conxénitas.
Son pouco frecuentes e soen descubrirse despois do nacemento.
-Atresia e fístulas:
Na atresia un segmento do esófago queda reducido a un cordón delgado macizo,situada case sempre cerca da bifurcación da tráquea.
-Estenose:
Pode ser limitada ou afectar a 10 cm de esófago.Pode ser conxénita ou adquirida por lesión da esclerodermia ou cicatrización inflamatoria por esofaxite.
--Lesións asociadas con disfunción neuromuscular.
A disfaxia é producida tanto por alteracións da función motora do esófago coma por estreitamento debido a enfermidades como estenose fibrosa ou lesións cancerosas.A disfaxia verdadeira pode ser remedada polo trastorno psicolóxico chamado bolo histérico.
--Achalasia:
Trastorno da motilidade esofáxica caracterizada por disfaxia e regurxitación,sobre todo en xóvenes.
Hai perigo de cancro.
-Aneis esofáxicos e membranas:
-Hernia hiatal:produce dilatación do estómago que sobresae porriba do diafragma.
-desgarros.
--Inflamacións:
-esofaxite:
Pode presentarse en diversas circunstancias: refluxo de contido gástrico,intubación gástrica prolongada,inxestión suicida de produtos químicos,lexivia,alcálise,té quente e fumadores excesivos,uremia,herpes simple e citomegalovirus,infeccións micóticas,radiacións,etc.
A causa + frecuente soe ser o refluxo de contido gástrico.A esofaxite é + frecuente en grandes fumadores e alcolicos crónicos (en Irán,por exemplo,débese ás grandes cantidades de té moi quente)
--Lesións diversas:
-Divertículos:
Os divertículos esofáxicos son protusións de 2-4 cm da parede esofáxica.
-esclerose xeralizada (esclerodermia): soe acompañarse de afectación doutros segmentos do tubo dixestivo e doutros órganos internos.
-Trastornos vasculares:
.Varices:
Son producidas pola hipertensión portal,sobre todo en cirrose,trombose da vea hepática ou da porta.Son asintomáticas ata que se rompen.
--Tumores do esófago:
-benignos:o + frecuente é o leiomioma ,rara vez alcanza tamaño como para producir síntomas.
-Malignos:a > son carcinomas de células escamosas con diversos gados de diferenciación.
.Carcinomas: de comezo insidioso,produce disfaxia e obstrución gradual e tardía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario