miércoles, 9 de febrero de 2011

PLEURA

A afectación pleural soe ser secundaria a unha lesión subiacente.
Se é primaria soe ser por:1)infeccións bacterianas intrapleurais primarias e 2)neoplasia primitiva da pleura,o mesiotelioma.
O derrame pleural é frecuente en afectación primaria ou secundaria.Normalmente a pleura está lubrificada por 15ml de fluido claro,seroso,acelular.O acúmulo de líquido ocorre cando:
1-Presión hidrostática aumentada,coma na insuficiencia cardíaca conxestiva.
2-Permeabilidade vascular aumentada,coma na pneumonía.
3-Presión oncótica diminuída,coma no síndrome nefrótico.
4-Presión negativa intrapleural incrementada,coma nas actelactasias.
5-Drenaxe linfático alterado,coma na carcinomatose mediastínica.

1-INFLAMACIÓNS:
As pleurites poden clasificarse segundo o exudado en serosa,fibrinosa,serofibrinosa,supurada(empiema) e hemorráxica.
--Pleurite serofibrinosa:
A pleurite serosa,serofibrinosa e fibrinosa son causadas por enfermidades inflamatorias intrapulmonares (tuberculose,pneumonía,infarto,abceso e bronquiectasias)ou outros procesos sistémicos (úsase o centrifugado)
--Pleurite supurada (empiema):
O exudado pleural purulento implica que hai bacterias ou fungos (demóstrase por cultivo).
--Pleurite hemorráxica:
Os exudados hemorráxicos son raros,aparecen en diáteses hemorráxicas,ricketsiose e afectación neoplásica da pleura.

2-DERRAMES PLEURAIS NON INFLAMATORIOS:
--Hidrotorax.
Acumulación de líquido seroso non inflamatorio na cavidade pleural.A causa + frecuente é insuficiencia cardíaca.
--Hemotorax:
Sangue na cavidade pleural,complicación mortal dun aneurisma aórico.
--Quilotorax:
Acumulación de líquido leitoso,de orixe linfático,na pleura.Obsérvase en cánceres intratorácicos.

3-PNEUMOTORAX:
Presenza de aire ou gas na cavidade pleural,pode ser expontáneo,traumático ou terapéutico.

4-TUMORES DA PLEURA:
Os secundarios son + frecuentes.As metástases proveñen do pulmón e mama con + frecuencia.
--Mesotelioma:
Tumor raro que nace na pleura visceral ou parietal,moi relacionado co asbesto,pode ser maligno:lesión difusa diseminada polo espazo pleural acompañada de derrame intenso e invasión das estructuras torácicas;Ou pode ser benigno:localizado,chamado tamén fibroma pleural.

No hay comentarios:

Publicar un comentario