miércoles, 9 de marzo de 2011

INSUFICIENCIA RENAL CRÓNICA

Hiperazotemia é o aumento de creatinina e nitróxeno ureico no sangue (BUN) asociado a descenso da filtración glomerular (FG).Cando a hiperazotemia se acompaña dun conxunto de síntomas e signos clínicos e alteracións bioquímicas ,chámase uremia:caracterizada non so pola insufciencia excretora renal,senon tamén trastornos metabólicos e endocrinos concomitantes coa lesión renal.Hai ademais trastornos gastrointestinais,neuromusculares e cardiovasculares.A uremia é ,por tanto,sine qua non da insuficiencia renal crónica sintomática.
Alteracións clínicas principaise causas da insuficiencia renal crónica:
  • Trastornos volumétricos,electrolícos e acidobásicos:relacionados co papel que ten o ril na regulación do volume e electrolitos.Ao principio hai deshidratación por excretar moito,logo retén auga e sales producindo edemas.A acidose metabólica débese á redución de NH3
  • Alteracións no metabolismo do calcio e do óso:incrementase a concentración sérica de fosfatos cando a FG diminúe.Ésta hiperfosfatemia facilita a entrada de Ca no óso,producindo hipocalcemia.
  • Anomalías cardiopulmonares:hai ICC por retención de sales,ás veces hipertensión por hipervolemia.Pode haber tamén pericardite urémica.
  • Manifestacións hematopoiéticas:anemia porque diminue a eritropoxectina.
  • Signos e síntomas gastrointestinais:nauseas,vómitos e hemorraxias.
  • Alteracións dermatolóxicas:coloración cetrina peculiar da pel e prurito.
  • Alteracións neuromusculares:miopatía,encefalopatía e neuropatía periférica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario