Os riles convirten ao dia 1.700 l. de sangue en 1 l. de ouriños,desempeñando algunhas das funcións + importantes para a supervivencia.Excretan productos de desfeito do metabolismo,regulan a concentración corporal de agua e sal,manteñen o balance ácedo adecuado do plasma e actúan como órganos endocrinos ao secretar hormonas tan importantes coma eritroproxectina,renina e postaglandinas.
O sistema colector renal deriva do conduto de Wolff,éste ramifícase formando os cálices renais e os tubos colectores.Cada ril adulto humano pesa 150 gms.O ureter entra polo ril no hilio formando a pelve, da que derivan 2 ou 3 ramas principais,os cálices maiores,que se subdividen en 3-4 cálices menores.Na superficie de corte o ril ten corteza e médula.A médula consiste en pirámides renais cuxos vértices se chaman papilas.
- Vasos sanguineos:abundantes,os riles reciben o 25% do gasto cardíaco.A arteria renal principal dividese en anterior e posterior no hílio,das que se desprenden as interlobulares que descorren entre os lóbulos.Ao chegar á unión coticomedular orixínanse as arteias arciformes,que orixinan as arterias interlobulillares,destas saen as arterias aferentes.As arterias son principalmente terminais,por iso a oclusión dunha delas provoca infarto,ademais son susceptibles de isquemia,calquer pequeno trastorno do rego pode provocar necrose da médula.A corteza é máis susceptible de cambios hipertensivos.
- Glomérulo:órgano vascular epitelial destinado á ultrafiltración do plasma
- Túbulos renais:a estrutura das células epiteliais tubulares renais varia moito segundo os distintos niveis da nefrona.
- Tecido intersticial:na corteza normal é compacto e está ocupado por capilares peritubulares fenestrados e pequeno nº de células fibroblastoides.Calquer expansión do tecido intersticial é anormal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario