lunes, 8 de octubre de 2012

DIAGNÓSTICO DE LABORATORIO DO CANCRO

-DIAGNÓSTICO DE LABORATORIO DO CANCRO:
  • Diagnóstico histolóxico:usando microscopía electrónica,rexistro de radioisótopos,técnicas histoquímicas,inmunofluorescencias,inmunocitoquímicas,etc,poden identificarse detalles celulares que permiten un diagnóntico + preciso.Os tecidos a analizar deben ser representativos da lesión,xa que as grandes neoplasias teñen ás veces áreas de necrose.É recomendable a biopsia con agulla,pero hai risco de erro na proba.Cando é necesaria a anestexia xeral para a biopsia,coma por exemplo nunha masa grande situada en zonas profundas da mama pode facerse un diagnóstico anatómico rápido en cortes por conxelación,que aínda que non proporciona detalles citolóxicos tan finos coma os cortes en parafina,poden ser satisfactorios.



  • Diagnóstico citolóxico:descrito por Papanicolau en 1928.Aplícase na detección de carcinomas uterinos cervicais e de endometrio.As secrecións obtidas cunha escobilla endocervical ou unha aspiración ,ou procedentes do raspado cervical,póñense nun portaobxetos e fíxanse rápido,tínguense.As células cancerosas teñen menos cohesividade e sofren unha serie de cambios morfolóxicos (anaplasia).Asi,as células desprendidas poden avaliarse polas características anaplásicas indicadoras da súa orixe cancerosa.Este método permite a diferenciación entre células normais,displásicas e cancerosas,e permite coñecer os cambios celulares característicos do carcinoma in situ.
  • Marcadores tumorais:
..Marcadores inmunolóxicos:para caracterizar leucemias linfoides e linfomas.Úsanse Rosetas E ,anticorpos monoclonais,inmunoglobulinas de cadeas pesadas específicas e cadeas lixeiras de kappa e lambda.
..Antíxenos fetais asociadas a tumores:CEA (antíxeno caracinoembrionario) encóntrase no plasma en moitas formas de cancro derivados do endodermo (en particular pancreáticos,gástricos e broncóxenos).Moi útil para cancro de colon.A alfaproteína (AFP) sobre todo encóntrase en cancros formados no fígado ou procedentes de restos do saco vitelino.

No hay comentarios:

Publicar un comentario