lunes, 15 de octubre de 2012

TUBO DIXESTIVO:ESTÓMAGO

ASPECTOS NORMAIS:

Divídese en:
1-Cardias,rexión que rodea a unión gastroesofáxica.A mucosa contén glándulas mucosas.
2-Fundus,rexión subdiafragmática situada á esquerda do esófago e ceálico á entrada do esófago dentro do estómago.
3-Corpo,situado entre o corpo e o antro.
4-Antro,do corpo ao píloro.
ANOMALÍAS CONXÉNITAS:

-HERNIAS DIAFRAGMÁTICAS:
Debido á debilidade ou ausencia dunha zona do diafragma,penetrando parte do abdomen no torax

-ESTENOSES PILÓRICAS.

LESIÓNS DIVERSAS:
Divertículos gástricos,dilatación gástrica,rotura gástrica.

INFLAMACIÓNS:

GASTRITIS:
Poden non crear síntomas clínicos.Pode ser aguda ou crónica.
 
  • GASTRITE AGUDA:
Proceso inflamatorio da mucosa ,pasaxeiro.Garda relación co uso crónico da aspirina ,consumo excesivo de alcol,tabaco,tratamento quimioterápico do cancro,uremia,infeccións xerais,infeción estafilococica alimenticia,estres intenso,queimaduras,irradiacións shok,traumatismos.
  • GASTRITE CRÓNICA (do fundus e antro):  
Espectro morfolóxico continuo de infiltrado inflamatorio da mucosa progresivamente + intenso,acompañado de atrofia glandular.
  • GASTRITE HIPERTRÓFICA:
Aumento xigante dos plegues da mucosa do estómago,debido a hiperplasia das células epiteliais da mucosa. 
EROSIÓN GÁSTRICA AGUDA E ULCERACIÓN:
O termo erosión dáselle á lesión das partes + altas da mucosa gástrica ou duodenal;Úlcera é se atravesa a mucosa e a muscular.Son frecuentes en pacientes sometidos a stres.

ÚLCERAS PÉPTICAS:
As úlceras pépticas crónicas soen ser lesións solitarias que se producen a calquer nivel do tubo dixestivo exposto á acción agresiva do xugo acidopéptico.En orde decrecente presentanse en:
1) Duodeno
2)Estómago
3)Esófago
O factor xenético é + importante na predisposición á úlcera duodenal,mentes na gástrica non.
  • ÚLCERA DUODENAL:
Hai hipersecreción ácida.Os pacientes teñen ademais un rápido vaciamento gástrico.A aparición da úlcera duodenal é consecuencia dunha exposición excesiva da mucosa duodenal á acción agresiva do ácido gástrico,que supera os mecanismos normais da defensa.
  • ÚLCERA GÁSTRICA:
 Hai defecto primario na resistencia da mucosa gástrica.Pode ir asociado a gastrite.Case todas se encontran na mucosa antral.Os suxeitos con úlcera teñen tendencia a sufrir lesión na mucosa gástrica debido a un defecto na barreira da mucosa para protexerse da retrodifusión dos ións de hidróxeno.







TUMORES DO ESTÓMAGO:


-Benignos:
Os   máis frecuentes son leiomiomas e pólipos.Os leiomiomas son nódulos firmes ,ben delimitados,son submucosos e non erosionan a mucosa supraxacente.
Os pólipos case todos inflamatorios (hiperplásicos) ou adenomas.Son lesións blandas,elevadas.Poden ser únicos ou múltiples.Son asintomáticos.Os adenomas polipoides gástricos son neoplasias.

-Malignos:
O  carcinoma é o + importante e frecuente ,logo linfomas,leiomiosarcomas e argentafinomas.
  • Carcinoma: influen factores xenéticos e ambientais,+ frecuente no grupo 0.Hai maior risco de gastrite crónica atrófica e adenomas gástricos.Evoluciona moi lentamente,asintomática ata estadios avanzados.
  • Tumores de células endocrinas (argentafinomas e carcinoide):Tumores infiltrantes e agresivos.Causan metástase.
  • Linfomas gastrointestinais: a maioría xurden no estómago e intestino delgado.
  • Sarcomas:son raros.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario