domingo, 26 de diciembre de 2010

CARACTERÍSTICAS DAS CÉLULAS TRANSFORMADAS

A transformación é un proceso gradual no que as células se van transformando cada vez + ata chegar a un grao de transformación irreversible.O fenotipo da célula cancerosa diferenciase da normal en:1.alteración das propiedades de crecemento.2.Alteracións morfolóxicas.3.Alteracións do cariotipo.4.Alteracións antixénicas.5.alteracións metabólicas.6.Alteracións das características da superficie.
  • Crecemento alterado:
--proliferación non regulada:tanto malignas como benignas
--incapacidade de madurar:viven + tempo que as células normais por non haber diferenciación terminal
--transportabilidade:as células malignas individuais transplantanse con facilidade a medios de cultivo adecuados.Poden permanecer por moito tempo en subcultivos in vitro ou transplantarse dun hóspede axeitado a outro.
--perda de inhibición por contacto:as células canceríxenas amontóanse unhas sobre outras formando masas desordeadas en capas múltiples.
--requiren concentracións séricas menores para un crecemento óptimo,non necesitan estar fixadas e crecen nun medio líquido ou semisólido
--alcanzan maiores densidades nos cultivos que as normais.

  • Alteracións morfolóxicas:ás veces as alteracións son mínimas.
  • alteracións cariotípicas:a maioría dos cancros teñen alteracións cromosómicas.
  • Alteracións antixénicas:expresan antíxenos normais ademais de antíxenos asociados ao tumor.Todas as neoplasias provocadas por un virus específicoteñen os mesmos antíxenos,mentes os tumores inducidos quimicamente teñen antíxenos privativos da neoplasia determinada.As neoplasias inducidas por radiacións tamen teñen antíxenos específicos de cada cancro particular.
Alguns antíxenos asociados a tumores son antíxenos fetais,que se soen encontrar en células embrionarias aínda que non son especificamente tumorais,xa que tamen se atopan en procesos non neoplásicos.:
-alfa proteína (AFP):asociase a hepatocarcinomas,tumores do saco vitelino e alguns mais.
-carcinoembrionario (CEA):carcinomas de cólon,vias respiratorias,páncreas,mama e outros.

  • Alteracións metabólicas:
1.Canto mellor sexa a diferenciación e + lenta a velocidade de división dunha célula cancerosa,máis próximo é o metabolismo á súa célula de orixe,e viceversa.
2.Todas as células cancerosas con gran anaplasia tenden a un patrón enzimático e metabólico común.
3.Ningunha desviación metabólica é distintiva do fenotipo maligno.
4.As alteracións metabólicas son secundarias á transformación cancerosa.


  • Alteracións na superficie e membrana da célula

No hay comentarios:

Publicar un comentario