2.Índice de crecemento
3.Encapsulación invasión
4.Metástase
1.DIFERENCIACIÓN E ANAPLASIA:
Diferenciación refírese á medida en que as células parenquimatosas se asemellan ás células normais comparables,tanto morfolóxica como funcionalmente.Os tumores ben diferenciados compóñense de células que asemellan ás nomais maduras do tecido de orixe da neoplasia.En xeral tódolos tecidos benignos están ben diferenciados ,a estrutura pode ser típica do tecido de orixe,p.ex. a célula neoplásica dun tumor do músculo liso benigno (leiomioma) aseméllase tanto á nomal que só se recoñece o tumor pola acumulación das células tumorais nun nódulo.Os tumores malignos poden estar ou non ben diferenciados,a estrutura a miúdo é atípica.
Anaplasia é unha característica das células cancerosas e constitúe un dos rasgos que marcan a malignidade.Anaplasia significa "formar cara atrás",implica certa falta de diferenciación das células tumorais.Anaplasia implica unha reversión desde un alto nivel de diferenciación a un máis baixo.O cancro xurde de células de reserva ou células madre presentes en tódolos tecidos especializados.
O cancro ben diferenciado evoluciona a partir da maduración ou especialización de células non diferenciadas ao proliferar éstas.
O tumor maligno non diferenciado deriva dunha proliferación sen maduración das células de reserva.
A falta de diferenciación ou anaplasia trae cambios morfolóxicos e estructurais:
- As células e núcleos manifestan pleomorfismo.
- Os núcleos conteñen abundante ADN,cor moi oscura.
- Os núcleos moi grandes 1:1 en vez de 1:4,1:6 normais.
- Forma dos núcleos variable,e a cromatina acumulada en grumos e distribuída pola membrana do núcleo.
- Núcleo con grandes nucleolos
- Os tumores non diferenciados posúen moitas mitoses anormais
- Simplificación do retículo endoplasmáticorugoso
- Aumento dos ribosomas e pleomorfismo das mitocondrias.
Os cancros non diferenciados,en cambio,poden perder as súas características funcionais especializadas.
Tamén a capacidade funcional dalgunhas células neoplásicas pode exceder á das normais (carcinomas que producen antíxenos fetais e neoantíxenos tumorais)
Os tumores malignos poden elaborar hormonas e outros produtos bioactivos que non se atopan en células normais das que se orixinan os tecidos (p.ex:producción hormonal ectópica)
A diferenza entre tumores malignos e benignos basease na morfoloxía,especialmente na diferenciación parenquimatosa.A anaplasia e a evidencia de invasión de estruturas circundantes constitúen os 2 criterios fundamentais para o diagnóstico do cancro no seu lugar primario de orixe.Se metastizan son sempre malignos.
2.INDICE DE CRECEMENTO:
Benignos :a maioría medran lentamente,ao longo dun período de anos.
Cancro: a maioría crecen rápidamente,a veces a ritmo caprichoso,finalmente disemínase e mata ao organismo que o alberga.
Hai tamén tumores benignos que crecen + rápido que os malignos,ou poden ter distinto crecementoao longo do tempo,p. ex. os leiomiomas do útero,éstes dependen do nivel de estróxenos.
En xeral o índice de crecemento dos tumores corresponde ao seu nivel de diferenciación,a maioría dos malignos crece + rápido que os benignos (ben diferenciados),pero hai moita variedade de comportamentos.
A maioría dos cancros son de orixe monoclonal,resultado da expansión clonal dunha célula que sufríu unha transformación neoplásica.En pouquísimos casos hai cancros de orixe policlonal ou multiclonal (p. ex. carcinoma de células lobulillares en ambas mamas á vez)
O índice de crecemento das células canceríxenas ven determinado poloexceso de células producidas con relación ás células perdidas por unidade de tempo.
O aporte sanguíneo,a nutrición,a inmunoloxía do hóspede,o endocrino,son influíntes na velocidade de crecemento dos cancros e dos tumores benignos.
Tumores coma os de mama,útero,endometrio,ovario e próstata necesitan aporte endocrino.
3.ENCAPSULACIÓN-INVASIÓN:
Case todos os tumores benignos crecen como masas localizadas que se expanden rodeadas dunha cápsula fibrosa que deriva en parte do estroma fibroso dos tecidos adiacentes e en parte elaborada polo propio tumor.Esta encapsulación tende a manter a neoplasia benigna coma unha masa pequena,fácilmente palpable e mobil.Alguns tumores benignos (liomioma do útero) non encapsulan.
Os cancros case nunca están encapsulados,e teñen un crecemento infiltrante e erosivo.Non ten límites anatómicos normais,e a miúdo invaden vasos linfáticos,sanguíneos e espazos perineurais.
Ceros tecidos son + vulnerables aos cancros que outros.O estroma conectivo dos tecidos organizados constitúe a vía de invasión + frecuente dos tumores malignos.Dentro dos tecidos conectivos as fibras de elastina son + resistentes que as de coláxeno,sen embargo as de coláxeno densamente compacto como o de membranas,tendóns,cápsulas articulares,etc resisten a invasión longo tempo.O cartílago é o tecido + resistente de todos á invasión.As arterias son + resistentes que as veas e os linfáticos.
4.METÁSTASE:
Son sementes tumorais separadas do tumor primario.Indica que o tumor é maligno.Os únicos cancros que non metastizan son os gloimas (cancro de glía do s.n) e os carcinomas basocelulaares da pel.
- Vías de diseminación:4
b)transplante:transporte mecánico por instrumentos ou mans.
c)Diseminación linfática:é a vía + frecuente.As células cancerosas invasivas,cando chegan a un canal linfático emigran através das unións das células endoteliais para embolizar nos ganglios rexionais.A afectación dos ganglios linfáticos sigue as vías naturais de drenaxe (vía usada principalmente por carcinomas e sarcomas xunto coa hematóxena)
d)Diseminación hematóxena:igual que a linfática,usada por sarcomas e carcinmas.A afectación + frecuente é o fígado e os pulmóns.
- Procesos involucrados na metástase:cando as células tumorais invaden os canais vasculares ou linfáticos poden crecer no sitio de penetración ou ben ser barridos a outras partes,a metástase evita a resposta inmunolóxica do hóspede desnvolvendo a súa propia vascularización.A neoplasia ten unha "progresión tumoral",vai adquirindo características individuais e separadas como invasividade,potencial metastásico,capacidade de resposta hormonal e outras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario