Na reparación,o tecido danado reemplázase por rexeneración das propias células parenquimatosas,por recubrimento do defecto con tecido fibrolástico cicatrizal ou por combinación de ambos procesos.
Desígnase mediante o sufixio -ITE engadido ao órgano afectado.As causas son múltiples:traumatismos,axentes químicos (ácedos,álcalis,compoñentes da bilis,etc),radiacións,calor e frío,axentes vivos(virus,bacterias,etc),reaccións inmunilóxicas e isquemia.
-REACCIÓN INFLAMATORIA:
AGUDA:fenómenos simultáneos por reacción causa-efecto:
1.Alteracións na microcirculación: 1º vasoconstricción e logo vasodilatación arteriolar,que incrementa o fluxo de sangue á zona afectada, acirculación enlentécese e os hematíes agréganse,ao tempo que os leucocitos se dispoñen na periferia,adheridos ao endotelio.
2.Aumento da permeabilidade vascular:debido ao ensanchamento dos espacios que separan as células endoteliais.
3.Constitución de exudado: con un compoñente líquido e outro celular.a)compoñente líquido:aumenta o fluxo de sangue aos capilares.O líquido é rico en proteínas.O exudado líquido dilúe as toxinas e pon en contacto substancias defensivas do plasma e axentes antiinflamatorios,é rico en fibrina que forma unha barreira defensiva para evitar a dispersión do axente causal.b)compoñente celular:van atraídos por quimotáctica a traves da parede vascular os lifocitos polinucleares emáis tarde os monocitos.Ambos fagocitan partículas extrana s e axentes vivos.
O exudado das inflamacións de orixe inmunolóxica ou parasitario é rico en eosinófilos.
4.Outras alteracións:teñen lugar na substancia fundamental do tecido conxuntivo.
-Segundo o exudado a inflamación aguda pode ser:
--Serosa:exudado fluído e pobre en células,inflamación das serosas.
--Fibrinosa:tamen das serosas,exudado rico en fibra.
--Purulenta:o exudado é pus,con abundantes polinucleares e tecidos licuados polos fermentos dos leucocitos,a causa soen ser cocos.O pus impregnado de tecido sólido é un FLEMÓN,un acúmulo de exudado purulento nun órgano é un ABCESO,se é na cavidade pleural é un EMPIEMA.
--Hemorráxica:exudado rico en hematíes,axente moi virulento.
--Catarral:rico en moco,en vias rspiratorias.
--Membranosa ou pseudomambranosa: constitúen membranas que recubren a superficien a superficie inflamada p.ex:mucosa traqueobronquial ou do cólon.
CRÓNICA:o exudado é predominantemente celular a base de mononucleares (linfocitos,macrófagos,células plasmáticas),hai signos de reparación,ou sexa,proliferación de fibroblastos.Nalgúns casos as lesións son específicos,coma granulomas:son lesións focais e nodulares de cuxa estrutura soen formar parte células multinucleadas xigantes.
-Inflamación de estruturas peculiares:
- Pel:pode dar orixa a ulceración por solución de continuidade.
- Mucosas:pode dar orixe a ulceración e hemorraxia se se erosiona a parede dos vasos.O exudado expulsado ao exterior por orificios naturais,ao ser analizado permite o diagnóstico,sobre todo se hai microorganismos.
- Serosas:o exudado (seroso,hemorráxico,fibrinoso,purulento)acumúlase na cavidade (pleura,peritoneo,pericardio,meninxe,articulación) e dá orixe a signos coma derrame de pleura ou ascite,para a análise obtense por punción.
- Inflamación dos endotelios:expón ,na vasculite a que se constitúan trombos,pois a alteración do endotelio vascular é un dos factores patoxénicos de trombose,e nas endocardites que se desprendan fragmentos de exudado:émbolos.
- Abcesos: ou colección de pus,vacíanse ao exterior atraves dunha fístula,ao vaciarse pode quedar unha cavidade(na inflamación tuberculosa denomínase caverna)
- Órganos sólidos:o trastorno funcional das inflamacións demóstrase mediante probas funcionais.
- Lesións que ocupan espacio:son focos inflamatorios de certa localización que se manifestan como tumores (p.ex:abcesos encefálicos)
Cando a inflamación cura con cicatriz ésta pode dar trastornos coma estenose dos órganos tubulares (esófago,intestino,etc)ou alteracións dos órganos subiacentes (pulmón,corazón)
INFARTOS: é unha zona de necrose por isquemia de instauración brusca,completa e persistente.
Causas:as causas de isquemia principais son tromboses e embolias.No intestino soe ser consecuencia dunha compresión ou torsión dos vasos,que ten lugar nos ileos por extrangulación.
Anatomía patolóxica:A zona infartada está xeralmente cuberta de sangue,que aflúe polas arterias colaterais ou por refluxo venoso.O sangue está fóra dos vasos.O infarto soe ter forma de cuña,coa base de descanso sobre a serosa(cápsula que reviste o órgano)
Manifestacións clínicas:cese da función do tecido infartado (no pulmón ou no ril non se notan).O sangue da zona infartada pode encontrar acceso ao exterior:hempotise no infarto de pulmón,hematuria no renal,melenas no intestinal.
-Irritación e inflamación da serosa ou cápsula supraiacente.
-Se o infarto se localiza en órganos ocos(moicardio,intestino)pode perforarse a víscera.
INFLAMACIÓN GRANULOMATOSA CRÓNICA:
Os granulomas son acumulación de 1 a 2 mm de células inflamatorias,pricipalmente macrófagos modificados,en xeral rodeados dun anel de linfocitos.A célula caracteística do granuloma é un macrófago modificado chamado tamén célula epitelioide debido ao abundante citoplasma rosa pálido que a asemella a unha célula epitelial.
Outra característica é que só teñen parte da actividade fagocitaria dos macrófagos,pero poseen abundante retículo endoplasmático,aparato de Golgi,vesículas e vacuolas,éstas células adaptaronse á secreción extracelular e non á fagocitose.
Outra característica do granuloma é a preseza de células xigantes de Lansghas ou de tipo de corpo extraño.Fórmanse pola unión de macrófagos.
O diagnóstico da inflamación granulomatosa fundado en biopsia de ganglios linfáticos limita o nº de etioloxías posibles.O exemplo clásico de enfermidade granulomatosa é a tuberculose pero tamén a sífilis ,sarcoidose,micose,brucelose,esquistomatose,febre por arañazo de gato e lepra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario