martes, 28 de diciembre de 2010

VEAS

O 90% das enfermidades venosas son varices,flebotromboses e tromboflebites.Case todas as enfermidades das veas predispoñen a unha trombose intravascular con posibilidade de embolia,e como soen afectarse as veas de circuito maior as consecuencias + graves son embolia e infarto pulmonares.

-VARICES:
Son veas anormalmente dilatadas e tortuosas a causa dunha hipertensión prolongada.Pode afectarse calquer vea do corpo,pero a + común son as veas da superficie das pernas.Un tipo especial de varices son as debidas á hipertensión portal (en xeral debida a cirrose hepática) que orixina varices en veas esofáxicas e hemorroidales.

-FLEBOTROMBOSE E TROMBOFLEBITE:
Dase sobre todo nas veas profundas das pernas.É a inflamación dunha vea debida a un trombo.

-FLEGMASIA ALBA DOLENS E FLEBITE MIGRATORIA:
A flegmasia alba dolens (perna blanca dolorosa) denota a trombose venosa ileofemoral que soe ocorrer en embarazadas .A tromboflebite migratoria son trombos venosos que desaparecen dun sitio e aparecen en outro.Soe ocorrer en suxeitos con cancro visceral.


No hay comentarios:

Publicar un comentario