domingo, 9 de enero de 2011

ALTERACIÓN DOS LEUCOCITOS,GANGLIOS LINFÁTICOS E BAZO

ASPECTOS NORMAIS:
Os linfocitos e monocitos non so circulan polo sangue e linfa senon que se agrupan en pequenos acúmulos estructurais,o denominado sistema linforreticular .Forman parte deste sistema os ganglios linfáticos,timo,bazo,amigdalas,adenoides e placas de Peyer.Tamen se observan acúmulos de células linfoides na médula ósea,pulmóns,tubo dixestivo e outros tecidos.Os ganglios linfáticos son o compoñente do tecido linfoide + amplamente distribuído.

Os ganglios linfáticos son formacións ovaladas cuxa lonxitude varía duns mm a 2 cm,de consistencia branda,a superficie de corte é branca grisácea.Están rodeados dunha cápsula de tecido conectivo con algunhas fibriñas elásticas.A cápsula está perforada en diversos puntos por linfáticos aferentes que drenan no seno periférico situado debaixo da cápsula,por iso se chama subcapsular.O seno emite prolongacións cara ao interior dos ganglos e rematan no hilio,por onde saen os linfáticos eferentes.estes están tapizados por células reticuloendoteliais.Situados na corteza ou porción periférica do ganglio hai acúmulos redondeados de tecido linfoide,chamados folículos primarios,que son as áreas de células B.Sometidos a un estímulo antíxeno,éstes folículos aumentan de tamaño.As células T ocupan as rexións parafoliculares..Os cordóns medulares da zona central conteñen células plasmáticas e algún linfocito.A estrutura de sostén é unha reticulina de orixe fibroblástico que se conecta perifericamente coa cápsula.

O volume e morfoloxía dos ganglios modificase por estados de alarma,estado funcional de tiroides,suprarrenais,e por respostas inmunes.Como segundas liñas de defensa que son,os ganglios responden constantemente aos estímulos,incluso en ausencia de enfermidade clínica.

Os leucocitos clasifícanse en granulocitos (dotados de granulacións,núcleo segmentado) e en agranulocitos ou mononucleares (sen granulacións,un núcleo)

Fórmula leucocitaria normal:
CAYADOS:2-4%
SEGMENTADOS:60-70%
EOSINÓFILOS:1-2%
BASÓFILOS:0-1%
LINFOCITOS:20-35%
MONOCITOS:2-6%

No hay comentarios:

Publicar un comentario