domingo, 9 de enero de 2011

INSUFICIENCIA CARDÍACA CONXESTIVA (ICC)

INSUFICIENCIA CARDÍACA CONXESTIVA:
Estado fisiopatolóxico resultante da alteración da función cardíaca que incapacita o corazón para manter un gasto suficiente para os requerimentos metabólicos dos tecidos e órganos corporais.A ICC pode ocorrer por disminución da capacidade contractil do miocardio ou por aumento da sobrecarga de presiónou volume imposta o corazón.

  • Insuficiencia cardíaca esquerda:causada case sempre por
1.Cardiopatía isquémica
2.Hipertensión.
3.Valvulopatías aórtica e mitral.
4.Miocardiopatías.
Os efectos da distancia da insuficiencia esquerda manifestanse principalmente nos pulmóns,pero temen nas funcións renais e cerebrais.
-Pulmóns: co estancamento progresivo do sangue na circulación pulmonar prodúcese conxestión e edema.Isto produce disnea.
-Riles: a IC esquerda da lugar a unha reducción da perfusión renal.
-Cerebro: na IC esquerda avanzada pode producir hipoxia cerebral.

  • Insuficiencia cardíaca dereita:
En xeral é consecuencia da IC esquerda.A IC dereita pura aparece pola sobrecarga ventricular ddereita producida por unha enfermidade intrínseca dos pulmóns.Os órganos afectados son:
-Fígado: soe estar aumentado de tamaño e peso (hepatomegalia)
-Bazo: a conxestión produce esplenomegalia.
-Riles: + retención de líquidos,edema e uremia prerrenal que na IC esquerda.
-Tecidos subcutáneos: edemas.
-Espazos pleurais: derrames.
-Cerebro: = que IC esquerda.
-Sistema portal de drenaxe: ascite.


No hay comentarios:

Publicar un comentario