miércoles, 5 de enero de 2011

CORAZÓN

-ASPECTOS NORMAIS:
Anatomía:na muller o peso medio é de 250-300gms,no home 300-350 gms segundo a estatura e o esqueleto.
O grosor da parede ventricular dereita é de 3 a 5 mm.
O grosor da parede  ventricular esquerda é de 1.3 a 1.5 cm
As válvulas deben ser finas,translúcidas e sen vascularizaión visible..Na liña de peche das válvulas hai un engrosamento liñal cuxos centros soen estar ocupados por nódulos fibrosos:corpos de Arancio.
En condicións normais o pericardio contén 30 ml de líquido claro,ao ser unha membrana serosa reacciona aos procesos inflamatorios e neoplásicos.

Histolóxicamente o epicardio e o pericardio parietal están constituídos por mesotelio unido a un tecido fibroadiposo típico subiacente.O miocardio está formado por miocitos cardíacos,,tecido conectivo intersticial e vasos sanguíneos.A estrutura interna da fibra miocárdica difiere da fibra muscular estriada esqueléticas nas súas ramificacións características e os seus núcleos centrais.A fibra miocárdica é especialmente rica en mitocondrias.A disposición especial da fibra muscular cardíaca proporciona un mecanismo eficaz para o fluxo rápido de ións  de calcio,sodio e potasio entre a fibra muscular e o líquido intersticial,fundamental para a contracción das fibras musculares cardíacas.O endocardio está formado por unha capa de células endoteliais e escaso tecido conectivo subendotelial.

IRRIGACIÓN:a > parte do enchido das arterias coronarias ten lugar durante a diástile.
   Rama descendente anterior da arteria coronaria esquerda irriga a maior parte da punta do corazón,a superficie anterior do ventrículo esquerdo,o tercio contiguo da parede anterior do ventrículo dereito e os 2/3 anteriores do tabique interventricular.
   Arteria coronaria dereita irriga o resto da superficie anterior do ventrículo dereito,cara porterior do mesmo,metade adxacente da parede posterior do ventrículo esquerdo e tercio posterior do tabique interventricular.
    Hai numerosos canles anastosomáticos intercoronarios,que en caso de que un tronco estea estenosado as anastosomoses serven para manter o fluxo sanguíneo en zonas miocárdicas mal irrigadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario