martes, 11 de enero de 2011

PULMÓN:ASPECTOS NORMAIS

PULMÓN:ASPECTOS NORMAIS
Os pulmóns estan adaptados para o intercambio de gases entre o aire inspirado e o sangue.O pulmón adulto normal pesa de 300 a 400gms.
Os dous lóbulos inferiores corres ponden case por completo a cara posterior da caixa torácica,os dous superiores e o lóbulo medio do dereito corresponden a cara anterior torácica.
O bronquiolo principal dereito é + vertical,e as sustancias extrañas tenden a pasar + ao pulmón dereito.A ramificación progresiva dos bronquios da lugar aos bronquiolos.,que se diferencian dos bronquios pola ausencia de cartílago e glandulas submocusas nas paredes.
A parte do pulmón distal con relación ao bronquiolo chámase ácino ou unidade respiratoria terminal.
Excepto as cordas bucais revestidas de epitelio pavimentoso estratificado,o resto da árbore respiratoria incluíndo larinxe, tráquea e bronquiolos,está revestida por células epiteliais ciliadas,mezcladas con células calziformes secretoras de moco.
O moco humedece o aire inspirado impedindo a desecación das paredes alveolares,ademais de atrapar po e sustancias extrañas.Os cilios axudan a expulsar substancias extrañas e moco contaminado.

Estructura microscópica das paredes alveolares:
1-Endotelio capilar
2-Membrana basal e tecido intersticial que a rodea.
3-Epitelio alveolar:capa contínua constituída por:neumocitos tipo I e II

A superficie bronquiolar está cuberta de cilios rodeados dunha capa de agua-proteínas rica en lisozima e inmunoglobulinas,pero na capa superficialnon ten surfactante (diferencia cos alveolos) nen moco (diferencia cos bronquios)

Mecanismos de defensa pulmonar:
1-Aclaramento nasal
2-Aclaramento traqueobronquial por acción mucociliar
3-Aclaramento alveolar onde fagocitan os macrófagos alveolares.



No hay comentarios:

Publicar un comentario