miércoles, 12 de enero de 2011

FÍGADO E VÍAS BILIARES

FÍGADO:ASPECTOS NORMAIS.
Normal,no adulto pesa 1400-1600gms cuberto por unha fina membrana fibrosa chamada cápsula de Glisson.
O borde superior chega ao 5º espazo intercostal,a nivel da liña medioclavicular dereita,o inferior está próximo ou xusto á altura do rebordo costal.
Está dividido en lobuliños de forma hexagonal de 1 a 2 mm de diámetro situados arredor duha vea central tributaria da suprahepática.Os espazos porta sitúanse nos ángulos do exágono delimitando a periferia do lobulillo.O fluxo sanguíneo do parénquima hepático diríxese desde os espazos porta ás veas centrais.O lobulillo ou ácino está integrado por láminas ou placas cribiformes de hepatocitos.No adulto san,os hepatocitos teñen un so núcleo redondo,as mitosis son raras ou non existen.Nas últimas fases da vida a atrofia ou a dexeneración de células illadas vai seguida de hipertrofia e rexeneración compensadoras responsables da variación de tamaño e núcleos,a aparición de formas binucleadas e mitosis atípicas.Se éstes cambios se dan antes da vellez indican que houbo lesión parenquimatosa con actividade rexenerativa.


Os sinusoides están intercalados entre os cordóns radiais de hepatocitos,reciben o aporte sanguíneo da vea porta e da arteria hepática e drenan á vea centrolobulillar.Os sinusoides están revestidos por células endoteliais fenestradas,entre as que se intercalan as células de Kupffer ou sistema monocítico fagocitario.
O sistema biliar comenza naa áreas centrolobulillares como rede complexa de canalículos intercalados entre hepatocitos contíguos.
O fígado ten unha reserva e unha capacidade rexenerativa enorme.Os pacientes sobreviven a unha resección do 80-90% cando o resto do parénquima é normal,ao cabo dun ano o parénquima rexenérase ata case niveis normais.
O fígado ten moitas funcións,entre elas o metabolismo da bilirrubina e excreción de bilis.A maior parte da bilirrubina proven da destrución de hematíes vellos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario