domingo, 9 de enero de 2011

TIPOS DE CARDIOPATÍAS:VALVULOPATÍAS

VALVULOPATÍAS:
 -Estenose:é a incapacidade dunha válvula para abrirse por completo.
-Insificiencia:incapacidade dunha valvula para cerrarse por completo.(regurxitación)

Enfermidades + importantes que afectan ás válvulas cardíacas:

-Febre reumática (FR) e cardiopatía reumática (CR):
A febre reumática é unha enfermidade inflamatoria aguda,recurrente,principalmente da infancia,pero tamen nos adultos.Soe ser secundaria a unha inflamación farínxea por estreptococo beta hemolítico do grupo A.É o resultado dunha reacción cruzada entre a resposta inmune aos antíxenos estreptocócicos e os antíxenos tisulares ,principalmente a nivel do corazón.

A FR é unha enfermidade sistémica caracterizada por:
1.poliartrite migratoria das grandes articulacións
2.Cardite
3.Eritema marxinado cutáneo
4.Nódulos subcutáneos.
5.Corea de Syndenham:trastorno neurolóxico con movimentos rápidos,involuntarios.

Durante a crise aguda pode presentarse unha miocardite que afecta ao tecido conectivo interticial.
A CPR crónica caracterízase por valvulopatía fibrocalcificada deformante,que produce disfunción permanente e insuficiencia cardíaca grave.
Morfolóxicamente a alteración visible + precoz é o acúmulo de sustancia fundamental con separación de fibras de coláxeno.O coláxeno aparece inchado con forte eosinofilia.

-Prolapso da válvula mitral:
Nesta anomalía valvular unha ou ambas valvas aumentadas de tamaño da válvula mitral prolapsan ou fan protusión na aurícula esquerda durante a sístole.
Morfoloxía:as características anatómicas esenciais do prolapso da válvula mitral son as valvas valvulares excesivamente grandes,cordas tendinosas excesivamente longas ou ambas.


-Estenose da válvula aórtica:
Debida á calcificación,por iso soe darse en idades avanzadas.A miúdo existe unha malformación conxénita.

-Calcificación do anelo mitral:
Dase en persoas ancians nas que se desenvolven depósitos calcificados,a miúdo en asociación con a CPI.

-Cardiopatía do síndrome carcinoide:
Afectación do corazón,principalmente endocardio e válvulas do lado dereito.Éste síndrome caracterízase por episodios de enroxecemento cutáneo protognómico,con calambres,nauseas e diarreas.
-Endocardite infecciosa (EI):
Invasión das válvulas ou endocardio mural por un axente microbiano .Morfoloxía:aparecen vexetacións friables cargadas de bacterias,que ás veces(histoloxicamente)son difíciles de identificar por estar profundamente enterrados na vexetación,soen identificarse por cultivo de tinción directa.
Endocardite trombótica non bacteriana (ETNB)Endocardite marasmática:
Precipitación de pequenas masas de fibrina e outros elementos do sangue sobre as follas valvulares de ambos lados do corazón.A diferenza coa EI é que aqui as vexetacións son estériles e pequenas,que histoloxicamente son trombos blandos,sen reacción inflamatoria acompañante nin organización.
-Endocardite verrucosa non bacteriana (enfemidade de Libman-sacks):
Esta valvulite forma pequenas vexetacións sobre as válvulas.      

(Continuaremos con 4-cardiopatías conxénitas)

No hay comentarios:

Publicar un comentario