- O grao en que a neoplasia está composta de condutos vasculares ben formados.
- Cantidade e regularidade da proliferación de células endoteliais.
MALIGNAS: son macizos,celulares,anaplásicos e forman poucos condutos vasculares.
TUMORES BENIGNOS E PROCESOS PSEUDOTUMORAIS:
-Hemanxioma: moi frecuentes,común na lactancia e na infancia.Variedades:
- Hemanxioma capilar:consiste en vasos sanguíneos de calibre = a capilares normais.Soen darse en pel,tecido subcutáneo e mucosa da boca e beizos.Tamén en fígado,bazo e ril.No corte,as lesións aparecen netas pero sen cápsula,histolóxicamente as lesións están separadas por tecido adxacente.
- Hemanxioma cavernoso:forman condutos vasculares.Soen darse en pel e mucosas,pero tamen en fígado,bazo,páncreas e ás veces,cerebro.
- Granuloma pióxeno (hemanxioma tipo tecido de granulación):os tumores presentanse coma nódulos exofíticos,roxos,en pel,mucosa oral e xinxival,con frecuencia están ulcerados.
-Ectasias vasculares (telanxiectasias): O termo telaxiectasia denota a un grupo de capilares,vénulas e arteriolas prominentes que crean pequenas lesións roxas focais,especialmente en pel e mucosas.
TUMORES DE MALIGNIDADE INCERTA:
-Hemanxioendotelioma:Neoplasia de orixe vascular composta por masas de células endoteliais que crecen dentro e arredor da luz vascular.
TUMORES MALIGNOS:
-Hemanxiosarcoma (anxiosarcoma): Neoplasia maligna de orixe vascular,caracterizada por masa de células endoteliais atípicas e anaplásicas.Polo regular preséntase en pel.fígado,pulmón,oso e as veces tecido retroperitoneal
Macroscopicamente é inha masa carnosa,voluminosa de tecido encefaloide,brando,cor pálida,pode medir 15-20 cm de diámetro sen contorna definida.
-Hemanxiopericitoma:dase case sempre en extremidades inferiores e retroperitoneo.Para confirmar que as células están fora da membrana basal do endotelio e son peritocitos e non células endoteliais úsase a impregnación arxéntica.Invaden e causan metástases.
-Sarcoma de Kaposi: Asociase a SIDA,é endémico.Gran parte dos pacientes desenvolven un tumor maligno secundario (linfoma,leucemia,mieloma)
TUMORES DOS LINFÁTICOS:
-Linfanxioma :é o equivalente linfático do hemanxioma.estan presentes desde o nacemento,crecen co neno.
- Linfanxioma simple (capilar):moi benignos e de pouca importancia.Aparecen no tecido subcutáneode cabeza,cuello e axilas.
- Linfanxioma cavernoso (higroma quístico):tumor benigno que consiste en espazos linfáticos cavernosos.Cuello e axila.teñen gran tamaño causando deformidades e compresión de tecidos adxacentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario