domingo, 9 de enero de 2011

HEMATÍES:ASPECTOS NORMAIS

Na hematopioese participan a médula ósea,ganglios linfáticos e bazo.Ésres órganos e tecidos dividíronse en:tecido mieloide:médula ósea e células derivadas dela:hematíes,plaquetas,granulocitos e monocitos.Tecido linfoide:timo,ganglios linfáticos e bazo.

ASPECTOS NORMAIS.
-Desenvolvemento normal das células do sangue:
No embrión humano,na 3ª semana,aparecen acúmulos de células madre no saco vitelino.No 3º mes algunhas destas células emigran ao fígado que pasa a ser o lugar principal de formación de células sanguíneas ata pouco antes de nacer.A partir do 4º mes iniciase a hematopoiese na médula ósea.Ao nacer toda a médula do esqueleto está activada e constitúe a única fonte de células hemáticas,desaparecendo case completamente a hematopoiese hepática.Ata a pubertade toda a médula ósea é roxa e hematopoieticamente activa.Aos 18 anos so se conserva médula roxa en vértebras,costelas,esterno,cránio,pelve e rexións epifisariasproximais do úmero e femur,o resto,transformase en médula amarela,graxa e inactiva.Sen embargo,no adulto,se aumenta a demanda de glóbulos roxos,a médula amarela pode transformarse de novo en médula roxa activa,acompañada dunha actividade productiva aumentada en toda a médula.Estes cambios adaptativos poden aumentar a produción de glóbulos roxos(eritopoiese) multiplicándoa de 7 a 8 veces.Polo tanto a perda de glóbulos roxos so produce anemia cando quedan superados todolos mecanismos compensadores da médula.

-Orixe e diferenciación das células hematopoiéticas:
A orixe dos elementos formes do sangue (eritrocitos,granulocitos,monocitos,plaquetas e linfocitos) está nunha célula madre hematopoiética pluripotencial.Desta derivan as células madre linfoides,e células madre mieloides pluripoteciais:


As células madre non só teñen a capacidade de diferenciarse,senon tamén de renovarse.Fallos medulares ou trastornos neoplásicos,como  anemias aplásicas,leucemias,policetemias,son alteracións das células madre.

-Anatomía e morfoloxía normais da médula ósea:
Ademais de ser reservorio de células madre,proporciona un microambiente no que produce a proliferación ordeada e a diferenciación das células precursoras.Regula a liberación á circulación de células totalmente desenvolvidas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario