domingo, 9 de enero de 2011

PEL:ASPECTOS NORMAIS

A función principal é a protección,regula a temperatura e funcións metabílocas como a irradiación dos precursores da vitamina D,excreción de urea e almacenamento de carbohidratos e graxas.
Os compoñentes máis importantes da EPIDERME son queratinocitos ,melanocitos e células de Langerhans.As prolongacións nerviosas da dermis penetran na epiderme onde se asocian coas escasas células de Merkel.Non hai vasos sangíneos nen lifáticos.Aepiderme pode conter un pequeno grupo de linfocitos e hitiocitos emigrados,que xunto coas células similares da derme e células de Langerhans epidermicas constituen o tecido linfoide asociado a pel,de gra importacia inmunolóxica.
A medida que as capas superiores da epiderme se descaman,as inferiores rexeneranse.O pelo orixinase en folículos pilosos,esta asociado a melanocitos,nervios sensitivos,músculo liso erector do pelo,glándulas sebáceas e en certas zonas glándulas apocrinas (axilas,rexións xenitais e perianais,areolas,zonas periumbilicais,conduto auditivo externo e pálpebras).O pelo ten ciclos de crecemento (anagen) e repouso (telogen).As glándulas sebáceas e o folículo piloso constitúen a unidade pilosebácea,excepto en beizos,prepucio,labios menores e pálpebras (glándulas de Meibonio).As glándulas sudoríparas ecrinas son + abundantes nas palmas e axilas a faltan en beizos e algunhas zonas dos xenitais.
A unión dermoepidérmica está na membrana basal,observase na tinción de PAS coma unha liña violeta.
DERME:divídese en papilar e reticular.As fibras de coláxeno proporcionanlle resistencia mecánica,e as elásticas flexibilidade.Pola graxa subcutánea descorren nervios e vasos sanguíneos e linfáticos.


Seguinte entrada:Patoloxía da pel:definicións,términos macroscópicos e microscópicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario